A primeira reunión foi a que se produciu as 13:00 co Alcalde de Verín. Eu particularmente foi das reunións que máis contento quedei. O alcalde como todos sabemos díxonos que a situación económica no concello non é boa. Pero sí que se comprometeu a facer o posible por axudarnos tanto económicamente como no tema da roupa. En principio vai intentar pagar os desprazamentos dos rapaces e para eso ten que ter unha reunión esta semana ca persoa da empresa de transportes. Do tema da roupa explicoume os motivos polos cales non nos puido conseguir de momento as equipaciós. Os motivos que me explicou son coherentes e dixome que non llo comentase a ninguén e cousa que obviamente vou cumplir. Si non se pode por esta vía intentará abrir outra para que poidamos ter uns chandales. Estivemos falando un bo rato de todo o que pasou co tema das escolas e voltaremos a falar a final de mes.
Da reunión cá DOB, faltan arbitros e na segunda volta teremos que xogar unha semana si e outra non. Non vai haber play off, os dous primeiros irán a fase de ascenso e os doús últimos descenderán. Está claro que non é o ideal pero é o que hai. Deixanse fins de semana libres para poder xogar os posibles aprazados cousa que me parece moi ben. Recibín unha carta do Presidente da Federación Galega para convocarnos aos clubes para unha reunión no que se falarían este e outros temas relacionados co baloncesto en Galicia.
Da reunión cos pais dos juniors, moi ben. Viñeron moitos deles e falouse tanto da situación económica que hai como da situación deportiva.